Froito da histórica relación que a Vila de Muros mantén co mar herdamos un rico patrimonio en forma de campanarios, capelas, retablos, imaxinería e, sobre todo, historias e tradicións.
Esta igrexa, cuxo interior recorda á quilla dun barco invertido, é símbolo, en moitos detalles, da espiritualidade dun pobo ligado ao mar.
Un dos elementos máis característicos da igrexa é a súa pila da auga bendita, cun simbolismo que a fai moi singular. No seu interior atópase unha serpe, a representación do mal, que queda dominada pola agua bendita. Toda unha alegoría do triunfo do ben sobre o mal.
A visita á antiga colexiata permítenos coñecer ao detalle os seus diferentes elementos e simbolismo. Inclúe a subida á torre e o acceso a dúas salas, coa coleción permanente de arte sacro. O visitante poderá contemplar valiosas pezas de orfebrería, ornamentos litúrxicos e imaxinería. Destaca no seu catálogo unha imaxe pétrea policromada de Santa Ana triple (s.XIV-XV), procedente da primitiva igrexa parroquial.
Todo un símbolo da sociedade mariñeira e a súa relixiosidade. Por unha banda, aparece vencellado desde as primeiras informacións a un hospital de “lazarados”(leprosos) sinal, polo tanto, da caridade. Por outra banda, ha ser centro da devoción mariñeira; á Nosa Señora do Camiño encoméndanse os pescadores e navegantes, dando lugar á constante entrega de exvotos, ofrenda en agradecemento a un favor divino.
Trátase dunha talla gótica de estilo toscano sen parangón na Península, a excepción dunha imaxe similar que estivo na colexiata de Santa María do Campo de A Coruña e hoxe ubicada no monasterio da Rábida en Huelva. Non conservamos a cruz orixinal e a talla sufreu modificacións na época barroca. O xeito de amosar a dor a través dos símbolos da paixón, a faciana e o corpo, con certa contención, remiten á escola toscana. De todos os xeitos, isto non é moi raro nunha poboación que mantiña contactos marítimos con Italia.
Característicos do santuario son tamén os seus exvotos que agradecen a intercesión da Virxe ante os perigos, desde unha tempestade a un ataque pirata, como ocurre en sendos cadros do século XVIII que ilustran e narran, en texto, os feitos. Chama a atención a maqueta conocida como Fragata do Tránsito, ofrecida probablemente no século XIX e da que non se coñece o motivo da ofrenda.
A ría de Muros xa viu a chegada de naves con peregrinos no século XII, os cruzados –peregrinos armados- que en 1147 e 1189 visitaron Compostela para solicitar a mediación do apóstol antes de partir a Terra Santa. A partir de 1361 son normais as peregrinacións a Galicia desde os portos británicos, con A Coruña como destino principal, recepción da que tamén participaron os portos episcopais de Noia e Muros, como indican os dous hospitais para pobres, enfermos e peregrinos fundados en Noia, e o que había en Muros, ademais do espital dos lazerados de Santa María do Camiño construido extramuros, en data indefinida do século XIV.
¿Se debe a la pura casualidad la existencia de un santuario con la Advocación Santa María do Camiño, edificación unida al lazareto al que acudían, entre otros, peregrinos enfermos que se dirigían a Santiago?