
A finais da Idade Media, a proximidade a Compostela e a riqueza pesqueira fan de Muros a terceira vila da costa galega. As crónicas falan, en 1488, dunha poboación de 1.000 veciños –o que significa entre 4.000 e 5.000 habitantes-, máis que destacado para a época. Nos séculos seguintes, ata a invasión napoleónica, imos seguir atopando algunhas descripcións que ensalzan a importancia do porto e da flota. Muros atravesa épocas duras; pestes, fame e ataques navais salpican a vida de varias xeracións. Aínda que a súa importancia irá minguando fronte a outros portos, Muros vai seguir destacando como potencia pesqueira, cuhna poboación vencellada ao mar. Ademáis da maioría de pescadores, moitos muradáns viven do mar como tripulación de mercantes, redeiros ou tratantes de peixe.
Hoxe, a lonxa de Muros permítenos seguir disfrutando dos sabores do mar. Aínda que xa case non hai sardiña, son moitas as opcións para o noso paladar.
O novo rei da pesca é, sen dúbida, o 'xurelo'. Séguenlle especies coma o polbo e a xarda. Pero a variedade é infinita: faneca, maragota, pinto, merluza, congrio, chopo, centola, nécora, raia, navalla, ameixa, berberecho, mexillón...
Asomado a el, unha fachada marítima que conserva o trazado histórico con soportais, estreitas rúas e pequenas prazas.
É unha das vilas mariñeiras mellor conservadas do litoral galego. Á nosa chegada amósasenos a súa fachada de galerías e soportais, antigamente situados enriba da praia. O Casco Histórico de Muros é Conxunto Histórico Artístico desde 1970.
Esta igrexa, cuxo interior recorda á quilla dun barco invertido, é símbolo, en moitos detalles, da espiritualidade dun pobo ligado ao mar.
Un dos elementos máis característicos da igrexa é a súa pila da auga bendita, cun simbolismo que a fai moi singular. No seu interior atópase unha serpe, a representación do mal, que queda dominada pola agua bendita. Toda unha alegoría do triunfo do ben sobre o mal.
A visita á antiga colexiata permítenos coñecer ao detalle os seus diferentes elementos e simbolismo. Inclúe a subida á torre e o acceso a dúas salas, coa coleción permanente de arte sacro. O visitante poderá contemplar valiosas pezas de orfebrería, ornamentos litúrxicos e imaxinería. Destaca no seu catálogo unha imaxe pétrea policromada de Santa Ana triple (s.XIV-XV), procedente da primitiva igrexa parroquial.
Todo un símbolo da sociedade mariñeira e a súa relixiosidade. Por unha banda, aparece vencellado desde as primeiras informacións a un hospital de “lazarados”(leprosos) sinal, polo tanto, da caridade. Por outra banda, ha ser centro da devoción mariñeira; á Nosa Señora do Camiño encoméndanse os pescadores e navegantes, dando lugar á constante entrega de exvotos, ofrenda en agradecemento a un favor divino.
Trátase dunha talla gótica de estilo toscano sen parangón na Península, a excepción dunha imaxe similar que estivo na colexiata de Santa María do Campo de A Coruña e hoxe ubicada no monasterio da Rábida en Huelva. Non conservamos a cruz orixinal e a talla sufreu modificacións na época barroca. O xeito de amosar a dor a través dos símbolos da paixón, a faciana e o corpo, con certa contención, remiten á escola toscana. De todos os xeitos, isto non é moi raro nunha poboación que mantiña contactos marítimos con Italia.
Característicos do santuario son tamén os seus exvotos que agradecen a intercesión da Virxe ante os perigos, desde unha tempestade a un ataque pirata, como ocurre en sendos cadros do século XVIII que ilustran e narran, en texto, os feitos. Chama a atención a maqueta conocida como Fragata do Tránsito, ofrecida probablemente no século XIX e da que non se coñece o motivo da ofrenda.
A ría de Muros xa viu a chegada de naves con peregrinos no século XII, os cruzados –peregrinos armados- que en 1147 e 1189 visitaron Compostela para solicitar a mediación do apóstol antes de partir a Terra Santa. A partir de 1361 son normais as peregrinacións a Galicia desde os portos británicos, con A Coruña como destino principal, recepción da que tamén participaron os portos episcopais de Noia e Muros, como indican os dous hospitais para pobres, enfermos e peregrinos fundados en Noia, e o que había en Muros, ademais do espital dos lazerados de Santa María do Camiño construido extramuros, en data indefinida do século XIV.
¿Se debe a la pura casualidad la existencia de un santuario con la Advocación Santa María do Camiño, edificación unida al lazareto al que acudían, entre otros, peregrinos enfermos que se dirigían a Santiago?
Unha visita guiada polas rúas e espacios que gardan a historia e a identidade dun pobo ligado á Ría.
Amosámosche o patrimonio material que atesouraron xeracións de muradáns e, por riba de todo, descubrímosche os episodios históricos, os significados e as tradicións que se agochan máis alá do que se pode ver.
0. Punto de Encontro. Inicio da visita guiada.
1. Santa María do Campo. Antiga Colexiata, centro de recepción de visitantes, xoia do gótico mariñeiro. Espacio expositivo.
2. Restos da antiga muralla medieval que rodeaba Muros.
3. Barrio de San Xosé. Espiritualidade e solidaridade.
4. San Pedro, Centro de Visitantes. Espacio expositivo. Un achegamento á historia e ás tradicións de Muros.
5. Barrio e capela do Carme. Na honra á patrona dos mariñeiros.
6. Mercado. A reconversión da venta ambulante de 'peixe' fresco.
7. Rúa da Xesta. O rueiro medieval.
8. A vella. Homenaxe ás mulleres do mar.
9. Os Remedios. Os 'cruceiros' acotando a paisaxe.
10. Santuario da Virxe do Camiño. A tradición dos exvotos.
11. Vida na arena. Praias de marisqueo.
12. Pozo do Cachón. Muíño de mareas.
(Español) Disfruta de la naturaleza, patrimonio y sostenibilidad, en una visita guiada con un recorrido por las fuentes que atraviesan Muros de norte a sur, su historia, los usos tradicionales del agua en estas fuentes.